Blog educativo que pretende ser un espazo aberto as novas tecnoloxías na educación. Nel ademais de recopiar recursos, queremos convertelo nun espazo máis da aula, onde o alumnado aprenda a crear o seu propio coñecemento e mostralo o resto da comunidade educativa. En resumo, blog cheo de ilusión, no que se inclúen recursos de propia elaboración.
Mostrando entradas con la etiqueta Día contra a vilolencia de xénero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día contra a vilolencia de xénero. Mostrar todas las entradas

domingo, 24 de noviembre de 2013

DI LILA AO LARANXA

O lila é a cor do lazo co que se celebra o 25 de novembro. Nesta data conmemórase o brutal asasinato das irmás Mirabal. Nesta presentación podedes coñecer máis polo miúdo as circunstancias que deron lugar a esta conmemoración.
Para este ano, a ONU fainos unha bonita proposta: pintar o mundo de laranxa en 16 días. É dicir, manter unha actitude activa contra o maltrato. Eses días abranguen dende o 25 de novembro (data do asasinato das irmás Mirabal) ata o 10 de decembro, Día dos Dereitos Humanos. Podémonos sumar a esta iniciativa, adornándonos durante estes dezaseis días cunha prenda ou unha cinta laranxa.
 Convidámosvos a coñecer e a reflexionar sobre esta tremenda lacra cos datos e o vídeo que nos proporciona a ONU
: http://www.un.org/es/events/endviolenceday/

 



Sabedes que, nalgúns países, a muller é un ser desprovisto de dereitos...? En Paquistán, as mulleres están obrigadas a levar burka, unha prenda de roupa que tapa completamente o seu corpo e a súa cara. Neste país, ser muller e mestra é moi perigoso: Shahnaz Nazli foi asasinada este ano por dar clase a nenas. 


Por contar nun blog (baixo pseudónomo) os problemas que teñen as nenas paquistaníes para recibir unha educación, a nena Malala Yousafzai foi tiroteada. Afortunadamente, tras quedar nun estado moi grave, conseguíu recuperarse das feridas recibidas. Esta mesma semana, Malala recibiu o Premio Sajarov á liberdade de conciencia que outorga o Parlamento Europea por defender o Dereito á Educación das nenas paquistaníes. Podedes seguir a crónica deste acontecemento neste enlace: http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/11/20/actualidad/1384968774_681100.html Nós quedámonos con dúas das súas frases: Algúns nenos non queren consolas, queren un libro e un bolígrafo para ir ó colexio. Non quero ser coñecida como chica á que dispararon os talibáns, senon chica que loita pola educación, quero adicar a miña vida a esta causa.

 Únete ó laranxa e, con Malala Yousafzai, loita contra o maltrato e a favor da Educación das Mulleres.