O 24 de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela a muller que fixo reverdecer de novo o galego como lingua escrita: Rosalía de Castro. Por iso hoxe, 24 de febreiro queremos facerlle unha pequena homaxe de aniversario lembrando entre outras este vídeo do poema que adicou "Ao Sr. D. Camilo Álvarez e Castro, Chantre da Catedral de Salamanca" ("Roxiña cal sol dourado...) do seu libro "Cantares Gallegos", o primeiro libro editado íntegramente en galego e da man dunha muller naquela época en que as prumas estaban en mans dos homes.
ACTIVIDADES SOBRE ROSALÍA DO NOSO COLE:
CLICA NA IMAXEN
2 comentarios:
Moi bonito, todo, e moi interesante!
Publicar un comentario